Join TFG/TFM

Estás preparando o teu traballo de fin de grao ou mestrado? Se o teu proxecto está relacionado co ámbito agroalimentario ou sanitario, participa en Join TFG/TFM e contribúe a modernización do tecido produtivo de Galicia

Que é Join TFG/TFM?

Join TFG/TFM é una iniciativa integrada dentro do Proxecto BioIncubaTech que premia a os estudantes cos mellores traballos finais de grao e mestrado de biotecnoloxía enfocados ao:

Para participar no programa necesitas:

• Que o teu TFG o TFM estea enfocado a aplicación da biotecnoloxía nos sectores agroalimentario ou sanitario. .
• Realizar a defensa do TFG/TFM en calquera institución universitaria do territorio galego, incluíndo tanto universidades públicas coma privadas, nos 3 últimos anos académicos (sempre que remataran antes do 30/09/2021).
• Que o teu TFG ou TFM estean redactados en galego, castelán ou inglés.
• Obter unha cualificación superior a 5.

Premios

En Join TFG/TFM repartimos 3.600€ en premios, 1.800€ en cada categoría.

• 1º premio: 1.000€
• 2º premio: 500€
• 3º premio: 300€

Fases de Join TFG/TFM

Inscrición

O prazo para realizar a inscrición permanecerá aberto entre o 24/05/2021 e o 30/09/2021, tras a súa finalización, os técnicos do Proxecto BioIncubaTech comprobarán que todos os documentos cumpran con todos os requisitos.

Valoración

O comité de valoración avaliará os traballos recibidos e o día 18/10/2021 publicaremos os finalistas na web.

Presentación do TFG/TFM

  • As persoas finalistas do Programa Join TFG/ TFM defenderán virtualmente os seus traballos ante o comité de valoración.
  • A presentación do seu TFG/TFM terá lugar durante o mes de outubro de 2021.
  • A organización do Programa Join TFG/TFM informará os finalistas das características da defensa.

Entrega de premios

Ao longo do mes de novembro de 2021 realizaremos un evento oficial onde anunciaremos quen foron as persoas gañadoras.

¡Coñece os gañadores!

O programa Join TFG/ TFM está integrado dentro do proxecto BioIncubaTech, a Incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía na o ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes.

BioIncubaTech é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela (España), financiado pola Fundación INCYDE, englobado e financiado dentro do Programa Operativo FEDER de Crecemento Intelixente 2014ES16 RFOP001, a través do Organismo Intermedio Cámara de Comercio de España.

BioIncubaTech forma parte do proxecto “Incubadoras de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes”, orientadas a promover unha modernización do tecido produtivo das rexións. As Incubadoras créanse como uns instrumentos tractores aliñados cos obxectivos da Estratexia UE 2020 e Horizonte 2020. Cada unha das Incubadoras permitirá promover a cooperación interregional, así como a colaboración entre os axentes do sector público e empresarial, non só a nivel nacional, senón internacional.