BioArgos21

BIOARGOS21 é un programa de emprendemento que busca persoas dispostas a traballar en equipos multidisciplinares ao redor dun proxecto innovador no campo da Bio – Saúde e Tecnoloxías Agroalimentarias.

O programa BIOARGOS21 é unha iniciativa integrada dentro do proxecto BioIncuBatech. Este proxecto está liderado pola USC, a través da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE), e incorpora ao partenariado á Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a UNINOVA, Iniciativas Empresariais Innovadoras.

A través da creación destes equipos multidisciplinares, BIOARGOS21 fomenta o emprendemento e a construción de proxectos de negocio innovadores a partir de resultados de investigación no ámbito Bio-Saúde e tecnoloxías agroalimentarias que a USC poñerá ao dispor dos equipos, ou calquera outra idea de negocio e tecnoloxía achegada polos propios participantes.

Por que participar no
programa Bio- Argos?

• Participarás na creación dun proxecto empresarial que vira arredor de resultados de investigación reais.
• Formarás parte dun equipo multidisciplinar no que compartirás coñecementos, competencias e habilidades.
• Contarás con formación especializada, orientada a mellorar a túa capacitación empresarial, sectorial ou as túas habilidades soft- skills.
• Terás apoio dun mentor experto que che axudará a construír un proxecto empresarial viable.
• Dispoñerás de espazos de traballo colaborativo virtuais e físicos para que desenvolvas o proxecto empresarial xunto ao teu equipo de traballo.

Quen pode participar?

Colectivos do Sistema Universitario de Galicia:
• Alumnado no seu último ano dos seus estudos de grao.
• Alumnado de Posgrao, máster ou doctoramento.
• Egresados das últimas promocións.
• Colaboradores ou persoal de grupos e centros de investigación.

Outros colectivos de Galicia:
• Alumnado ou egresados de escolas de negocio.
• Colaboradores ou persoal de centros tecnolóxicos.

Formato e Fases do programa

O programa preséntase como formato Concurso. Os participantes distribuiranse por equipos multidisciplinares que traballarán sobre un resultado de investigación aportado pola USC, ou calquera outra idea de negocio achegada polos participantes que teñan o seu propio proxecto empresarial, competindo por ser o mellor proxecto.
As actividades de apoio para o desenvolvemento do plan de empresa desenvolveranse do 10 de maio ao 9 de xullo de 2021.

Selección de participantes

Entre o 22 de abril e o 3 de maio de 2021

Selección entre as persoas inscritas as que accederán a participar en cada convocatoria do programa.

Presentación de ideas de negocio e equipos

10 de maio de 2021 – Taller de entrenamento 

Os participantes interactuarán, conoceranse, e permitirá á organización coñecer os seus perfís e avaliar as súas capacidades.

13 de maio de 2021 – Evento de presentación 

A organización presentará os resultados de investigación ou a selección de ideas propias/tecnoloxías aportadas polos inscritos para cada convocatoria.

Do 14 al 18 de maio de 2021 

Asignación de equipos por convocatoria en función das preferencias dos participantes e as súas capacidades.

Desenvolvemento das actividades do programa

Sesiones formativas de entrenamiento de equipo de trabajo orientadas a que las personas integrantes asignadas a cada equipo se conozcan, expongan sus capacidades al resto del equipo, además de entrenar y desarrollar las habilidades para trabajar en equipo.

Sesiones formativas para mejorar la capacitación de los equipos de trabajo (marketing digital, formación soft-skills, formación en áreas de negocio, técnicas de presentación de proyectos, etc.).

Asesoramento a apoio para o desenvolvemento do plan de empresa.

Visitas a empresas do sector Bio-Saúde e tecnoloxías agroalimentarias.

Tutorización de persoal experto na definición de cada un dos apartados que deberá integrar o plan.

Acceso a espacios (virtuales y físicos) para que puedan trabajar en grupo.

Entrega do plan de empresa

Ata o 9 de xullo de 2021

Entrega do plan de empresa, podéndose ampliar a data se a organización do programa estímao oportuno. Este documento será o entregable avaliado polo Comité coordinador que decidirá o proxecto gañador de cada convocatoria.

Selección dos gañadores

Outubro de 2021 – Evento de defensa do plan de empresa

Os integrantes do grupo de traballo defenderán o proxecto que será avaliado polo xurado, integrado polo comité coordinador de BIOARGOS21.

Entrega de premios

Evento de entrega de premios ao gañador de cada convocatoria (última fase do programa).

3.000€ Proxecto Bio-Salud

3.000€ Premio Tecnoloxías agroalimentarias

Bases do programa e inscrición

Máis información:
Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE)

Teléfonos: 881 815 586 / 982 822 854
Correo electrónico: argos@usc.es

Consulta das bases e ligazón de inscrición

Esta actuación intégrase no proxecto BioIncubatech, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER, dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 “Incubadoras de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes Fundación INCYDE”.
Cofinanciación FEDER dun 80%.

UNHA MANEIRA DE FACER EUROPA