23 Maio, 2022 EOSA Consultores

Convocada a nova liña de apoio á consolidación das pemes do sector biotecnolóxico que lles permitirá gañar tamaño a través da innovación

Consolida Bio, dotada con tres millóns de euros, cubrirá tanto investimentos produtivos e tecnolóxicos como actividades de innovación de pequenas e medianas empresas do sector biotecnolóxico con menos de oito anos de antigüidade

  • A previsión é apoiar 12 pemes, mobilizar nove millóns de euros e crear 36 novos empregos de alta cualificación
  • A nova liña enmárcase tanto na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia como na Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico de Galicia 2021-2025

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a nova convocatoria de axudas da Vicepresidencia primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación: o programa Consolida Bio.  Dotado con tres millóns de euros -procedentes dos fondos REACT-UE- ten como obxectivo apoiar a consolidación das pemes do sector biotecnolóxico con menos de oito anos de antigüidade.

Esta nova liña de axudas pretende fortalecer as pequenas e medianas empresas deste ámbito e axudalas a gañar tamaño a través da innovación. Para logralo, os apoios cubrirán tanto investimentos produtivos e tecnolóxicos como innovación en procesos e actividades para levar ao mercado solucións baseadas na biotecnoloxía. A intensidade da axuda varía entre o 10 e o 20% para os investimentos e alcanza o 50% para os custos de innovación e o orzamento do plan de consolidación debe ser de entre 500.000 euros e un millón. As axudas, de concorrencia competitiva, aspiran a beneficiar a 12 empresas, mobilizar 9M€ e crear 36 empregos de alta cualificación.

Os plans empresariais das pemes que opten a estas axudas deberán estar vinculados a algunha das ramas de actividade prioritarias da biotecnoloxía en Galicia e ás cadeas de valor definidas na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia. En concreto, xestión e aproveitamento dos recursos mariños, produción e aproveitamento agrogandeiro e forestal, alimentación funcional para a saúde e o envellecemento activo, ou novas tecnoloxías para a medicina personalizada. Deste xeito, trátase de promover a revitalización de sectores tradicionais e favorecer a transición cara á bioeconomía.

Con esta nova medida, a Xunta pretende impulsar a competitividade das pemes biotecnolóxicas galegas, incrementar tanto a súa capacidade produtiva e comercializadora como a facturación global do sector, así como favorecer a cooperación no ecosistema biotecnolóxico galego e facer da Comunidade unha rexión con capacidade de atracción de emprendemento tecnolóxico.

Consolida Bio enmárcase na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia e complementa iniciativas que apoian o emprendemento neste sector e a chegada dos resultados de investigación ao mercado, como BioIncubaTech, as Business Factory Food (BFFood) e Medicines (BFMedicines) ouo programa Ignicia.

A nova convocatoria tamén ratifica o compromiso do Goberno galego co sector, xa demostrado coa posta en marcha, en 2016, da Estratexia de impulso da biotecnoloxía, unha folla de ruta que impulsou o investimento en investigación, transferencia de tecnoloxía e creación de novas empresas e que, no período 2016-2020, se materializou na mobilización de 262 millóns de euros e duplicáronse as empresas biotecnolóxicas. Ademais, converteuse na segunda rexión na que se crean máis empresas do sector despois de Cataluña, segundo o último informe elaborado por Asebio.

Galicia desenvolve agora a Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico 2021-2025, para posicionarse como unha das principais rexións nesta materia a nivel europeo, fomentando a xeración de negocio e a consolidación empresarial, e que ten como obxectivo mobilizar 662 millóns de euros.

Xornada de presentación

O vindeiro martes, 24 de maio, celebrarase na sede da Axencia Galega de Innovación en Santiago de Compostela a xornada informativa A biotecnoloxía. Inviste en Galicia, centrada nas oportunidades de investir e innovar no sector da biotecnoloxía. Nela, presentarase esta nova convocatoria, Consolida Bio, así como as facilidades do marco legal e territorial e as posibilidades de realizar investimentos neste sector en Galicia e as instalacións dispoñibles no polígono da Sionlla. Máis información e rexistro na sección eventos da web de Gain.

 

Fonte: www.xunta.gal

 

BioIncubaTech

BioIncubaTech, incubadora de Alta Tecnología para el fomento de la innovación y transferencia de biotecnología en el ámbito de la salud y las tecnologías alimentarias, es un proyecto liderado por el Área de Valorización, Transferencia y Emprendimiento (AVTE) de la USC, junto con la Cámara de Comercio de Santiago de Compostela y UNINOVA, y con la participación de la Xunta de Galicia a través de la Agencia Gallega de Innovación. En este sentido, BioIncubaTech es una de las iniciativas que está incluida dentro de la Estrategia de Consolidación de la Biotecnología que la Xunta de Galicia ha puesto en marcha para el periodo 2021-2025.

Esta actuación está cofinanciada por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional – FEDER dentro del Programa Operativo Plurirregional de España FEDER 2014-2020 PO Proyecto “Incubadoras de alta tecnología para el fomento de la innovación y la transferencia de la tecnología a las micropymes Fundación INCYDE” – Cofinanciado por el FEDER en un 80%. UNA MANERA DE HACER EUROPA