TERAPIA CONTRA A METÁSTASE
Desenvolvemento de novos inhibidores dirixidos contra a progresión tumoral e a metástase de carcinomas

Spin-off da USC cuxo obxectivo se centra no desenvolvemento de inhibidores innovadores dirixidos contra os estadios temperáns da progresión tumoral e tamén contra a metástase. Cobren a necesidade urxente de desenvolver novas estratexias terapéuticas para pacientes con cancro metastásico, dado que os tratamentos actuais para a metástase do cancro (quimioterapia e radioterapia), teñen un éxito limitado en etapas avanzadas da enfermidade.

Nestes momentos están a realizar a proba de concepto con fármacos antitumorais contra a metástase para cancro colorrectal.

Outros proxectos

“BioIncubaTech – Incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía na o ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes” é unha operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 PO Proxecto “Incubadoras de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes”

UNHA MANEIRA DE FACER EUROPA

  • Share: