BFlow S.L.
Solucións personalizadas de dispositivos de microfluídica para a validación preclínica.

Na investigación preclínica, unha alta porcentaxe das moléculas que superan a fase invitro, non superan a validación en modelos animais. A tecnoloxía de BFlow empregada entre ambos os tests, ao aplicar modelización de dinámica de fluxo e condicións fisiolóxicas no dispositivo con cultivo celular, permite discriminar mellor as moléculas cunha probable actividade in vivo, co consecuente aforro en tempo de chegada ao mercado da molécula e custos experimentais. Trátase dunha solución punteira e eficaz, froito de anos de investigación do seu equipo científico e premiada pola Real Academia Galega de Ciencias.

Outros proxectos

“BioIncubaTech – Incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía na o ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes” é unha operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 PO Proxecto “Incubadoras de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes”

UNHA MANEIRA DE FACER EUROPA

  • Share: