IBONELAB S.L.
Análise da interacción dos tecidos duros do organismo con materiais implantables

Spin- off da USC centrada na análise da interacción dos tecidos duros do organismo con materiais implantables. O seu target son as empresas e institucións públicas dedicadas ao desenvolvemento de biomateriales, sustitutivos óseos, implantes dentais e traumatolóxicos, así como outros dispositivos ou tratamentos relacionados cos tecidos calcificados ou non. O amplo coñecemento do sector, con máis de 20 anos de experiencia, permítenlles ter as capacidades para avaliar a interacción destes materiais nos tecidos, achegando solucións conxuntas de investigación para cubrir as necesidades de empresas biotecnolóxicas e grupos de investigación.

O traballo da empresa céntrase fundamentalmente en tres piares: a realización de ensaios preclínicos que permitan a obtención das mostras de tecido a estudar; a realización de estudos microtomográficos de alta resolución para a avaliación tridimensional non destrutiva das mostras e a realización de estudos histolóxicos e histomorfométricos que permitan a observación microscópica dos tecidos e os materiais implantados.

Outros proxectos

“BioIncubaTech – Incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía na o ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes” é unha operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 PO Proxecto “Incubadoras de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes”

UNHA MANEIRA DE FACER EUROPA

  • Share: