FLUOROTOOLS
Desenvolvemento de ferramentas farmacolóxicas que permiten acelerar e abaratar novos fármacos

Fluorotools crea novas ferramentas farmacolóxicas que permiten acelerar e abaratar o desenvolvemento de novos fármacos a medida para cada diana terapéutica. Para iso substitúen as ferramentas radioactivas que se usan habitualmente por outras máis sinxelas que empregan a fluorescencia (propiedade óptica que está a axudar a democratizar o descubrimento de fármacos) en lugar da radioactividade, co que son máis respectuosas co medio ambiente, ademais de máis económicas. Teñen en carteira tres produtos en disposición de ser comercializados, atopándose en fase de betatesters.

Outros proxectos

“BioIncubaTech – Incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía na o ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes” é unha operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 PO Proxecto “Incubadoras de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes”

UNHA MANEIRA DE FACER EUROPA

  • Share: