Clínica IniPain
Atención integral a pacientes con dor crónica con técnicas de fisioterapia, psicolóxicas e de estimulación eléctrica transcraneal
A Clínica IniPain é unha iniciativa do grupo de investigación Cerebro e Dor da Universidade de Santiago de Compostela, aínda en fase de pre-incubación. Xorde co obxectivo de mellorar a calidade vida das persoas que sofren dor crónica.
Propoñen unha atención integral aos/as pacientes con dor crónica, na que se combinan técnicas de fisioterapia convencional, intervencións psicolóxicas e procedemento de estimulación eléctrica transcraneal.
Dispoñen dos equipos máis modernos para a avaliación dos umbrais e dos mecanismos de modulación da dor, así como dispositivos para o tratamento con neuromodulación. Propoñen realizar esta terapia no propio fogar dos pacientes, con monitoraxe e seguimento en liña (a través de actígrafos e aplicacións móbiles).
Outros proxectos
“BioIncubaTech – Incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía na o ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes” é unha operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 PO Proxecto “Incubadoras de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes”
UNHA MANEIRA DE FACER EUROPA