Smart Vitamins SL
Tecnoloxía para tratar enfermidades a utoinmunes con nanovehículos intelixentes

Smart Vitamins é unha Spin-Off da Universidade de Santiago de Compostela que desenvolveu unha tecnoloxía innovadora para tratar enfermidades autoinmunes con nanovehículos intelixentes, baseados en combinacións sinérgicas de nutrientes esenciais.

O uso da Smart Delivery of Nutrients (SDN) Technology™ permite mellorar a liberación de compostos activos especificamente en células do sistema inmune, evitando efectos secundarios e restaurando o bo funcionamento da resposta inmune.

Baseándose no potencial demostrado pola SDN Technology™ en varias aplicacións, Smart Vitamins ten unha robusta e ampla programación I+D para o desenvolvemento de varios prototipos no ámbito farmacéutico, nutracéutico e cosmético.

Outros proxectos

“BioIncubaTech – Incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía na o ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes” é unha operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 PO Proxecto “Incubadoras de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes”

UNHA MANEIRA DE FACER EUROPA

  • Share: