Materiales funcionales, S.L.
Valorización industrial da tecnoloxía de fabricación de cerámicas funcionalizadas por técnicas de escritura directa en 3D.

Conformación de pezas cerámicas a través de impresión 3D. A tecnoloxía desenvolvida na Universidade de Santiago (Instituto de Cerámica e Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares, CiQUS) permite unha gran flexibilidade para parámetros xeométricos como tamaño, forma, porosidade ou superficie específica.

A produción de “tintas” formadas a partir de distintos tipos de partículas de materiais cerámicos con aditivos poliméricos específicos para cada caso, permiten unha fabricación precisa, limpa, rápida e automatizable.

  • Situación en BioIncubaTech: Incubación
  • Actividades de apoio: Transferencia de tecnoloxía, Acceso a financiación

Outros proxectos

“BioIncubaTech – Incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía na o ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes” é unha operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 PO Proxecto “Incubadoras de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes”

UNHA MANEIRA DE FACER EUROPA

  • Share: