FabRx – M3diMaker
Desenvolvemento de tecnoloxía de impresión 3D para a fabricación de produtos farmacéuticos e dispositivos médicos
Para FabRX o futuro dos medicamentos é 3D.
FabRx proporciona unha plataforma nova e flexible para a produción de medicamentos personalizados, revolucionando o tratamento médico para pacientes de todo o mundo.
A innovadora impresora 3D de FabRx, M3 DIMAKER™, permite imprimir con diferentes embocaduras. O sistema está controlado por software especializado, permitindo a selección da dose requirida polo farmacéutico de acordo coa prescrición dada polo médico. Incorpora ademais un moderno control de acceso por impresións dixitais, xunto cun lector de matriz de datos, que garante a fiabilidade de fabricación e que só o persoal cualificado teña acceso ás características destacadas da tecnoloxía.
O sistema está equipado tamén de procedementos avanzados de control de calidade en liña, e xunto coa supervisión da cámara do proceso de impresión para realizar un seguimento do progreso, detecta calquera fallo durante o proceso de fabricación.
Outros proxectos
“BioIncubaTech – Incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía na o ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes” é unha operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER dentro do Programa Operativo Plurirregional de España FEDER 2014-2020 PO Proxecto “Incubadoras de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes”
UNHA MANEIRA DE FACER EUROPA